CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga 30 empresas por emisións de gases invernadoiro

Publicado o 07/12/2019 11:44

A operación desenvolveuna en Madrid, Cataluña e o País Vasco a Garda Civil e nela investigan 30 empresas que supostamente emitiron máis de 76 millóns de quilos de gases de efecto invernadoiro durante a xestión do final da vida útil de vehículos.
A investigación, na que hai 68 persoas vinculadas, céntrase na monitorización da actividade de centros de tratamento de vehículos ao final da súa vida útil que nas súas memorias declararon cantidades próximas a cero quilogramos de gas recuperado. Non entanto, a Garda Civil explica que eses vehículos debían de xerar unha cantidade importante de contaminantes e residuos perigosos e que se non foron xestionados correctamente, tiveron que provocar a emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera co conseguinte dano ao medio ambiente.

Noticias web

07/12/2019