CRTVG

Buscar

A Garda Civil intervén dous cabeiros de elefante en Cambre

Publicado o 07/05/2021 11:06
A Garda Civil intervén dous cabeiros de elefante en Cambre

A Garda Civil da Coruña interveu dous cabeiros de elefante tallados con motivos tribais e un copón esférico de marfil en Cambre. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon cando tiveron coñecemento da posible venda destas pezas dunha especie que está en grave perigo de extinción.

Comezaron unha investigación para tratar de localizalas e comprobar se tiñan a documentación para a súa posesión e comercio. Atopados os dous cabeiros, os axentes pedíronlles os papeis, pero non tiñan ningún tipo de documento.

A Garda Civil realizou unha acta de denuncia por suposta infracción da Lei orgánica de represión de contrabando.