CRTVG

Buscar

A Garda Civil interpón 32 denuncias nun control de mobilidade en Fene

Publicado o 05/02/2021 15:31

Estamos ás portas dunha nova fin de semana, a segunda desde que Galicia entrou no nivel máximo de restricións e ollo porque a Garda Civil vai seguir facendo controis de mobilidade e sancionando a quen incumpra as medidas vixentes.

E como mostra un exemplo: nun deses controis, establecido onte en Fene, os axentes interpuxeron ata 32 denuncias. 13 delas por atoparse con persoas non conviventes que compartían vehículo sen causa xustificada.

Outras tantas por non respectar os perímetros municipais, 3 por infraccións do Regulamento Xeral de Vehículos, dúas por detectar drogas en senllos condutores e unha máis ao comprobar que ao volante ía unha persoa en situación irregular no noso país.

Noticias web

05/02/2021