CRTVG

Buscar

A Garda Civil intercepta un condutor en Vigo que circulaba a 193 km/h nun tramo de 80

Publicado o 16/09/2021 13:52
A Garda Civil intercepta un condutor en Vigo que circulaba a 193 km/h nun tramo de 80

Circulaba a 193 quilómetros por hora nunha zona limitada a 80. Ocorreu na VG-20, á altura de Vigo. Dada a velocidade á que ía, a patrulla que notificaba as infraccións non puido interceptalo, polo que tivo que actuar o Subsector de Tráfico da provincia de Pontevedra.

O condutor é un home de 45 anos de nacionalidade portuguesa e residente en Vigo. Enfróntase a penas de prisión de 3 a 6 meses e á perda do permiso de conducir por un mínimo dun ano.     

Noticias web

16/09/2021