CRTVG

Buscar

A Garda Civil intercepta o condutor dun patinete que deu positivo na proba de drogas

Publicado o 16/04/2021 14:37
A Garda Civil intercepta o condutor dun patinete que deu positivo na proba de drogas

A Garda Civil interceptou en Moaña o condutor dun patinete eléctrico que deu positivo en drogas. Era un mozo de 26 anos que circulaba por unha vía interurbana, onde está prohibido o emprego deste tipo de vehículos de mobilidade persoal.

O mozo manifestou que adquirira o patinete para desprazarse ao traballo, xa que tiña o permiso de circulación retirado. Na proba de drogas deu positivo. Se se confirma, será sancionado cunha multa de 1.000 euros. O patinete quedou inmobilizado e en depósito.

Noticias web

16/04/2021