A Garda Civil intercepta ao condutor dunha moto que deu positivo en cocaína
Publicado o 15/07/2021 15:00

A Garda Civil de Tráfico denunciou un motorista que deu positivo no test de drogas, en concreto por cocaína. Parárono en Muros porque a motocicleta que conducía non levaba espellos retrovisores e os pneumáticos estaban en mal estado. Como estaba moi nervioso, fixéronlle as probas de alcol e drogas. Enfróntase á perda de seis puntos e a unha multa de 1.000 euros.