CRTVG

Buscar

A Garda Civil incáutase dunha partida de roupa e calzado falsificado en Vigo

Publicado o 09/02/2018 20:59

 

A Garda Civil incautouse dunha partida de roupa e calzado falsificados no mercado ambulante de Coia, en Vigo. Comisáronse 264 pares de zapatillas e preto de medio cento de pezas deportivas, cuxo valor no mercado se aproxima aos 20.000 euros. O propietario do posto ambulante non puido acreditar a procedencia das pezas, nin presentou a autorización das marcas rexistradas para a súa venda. O dono foi investigado por un delito contra a propiedade industrial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018