CRTVG

Buscar

A Garda Civil Incauta armas e material explosivo nunha vivenda de Miranda de Ebro

Publicado o 03/12/2019 18:18

A Garda Civil desmantelou en Miranda de Ebro, en Burgos, un taller clandestino de fabricación de artefactos explosivos e armas. Estaba ubicado nun piso dun bloque de vivendas no centro da cidade. A operación acabou cun home de 43 anos detido, que tiña vinculación con grupos organizados de terroristas e delincuentes. O individuo compraba armas, algunhas delas inutilizadas, que el mesmo arranxaba, amais de fabricar a súa propia munición. Incautáronse de 26 armas, 2.800 cartuchos metálicos e 17 arfectactos explosivos amais dun chaleco antibalas entrousas cousas. 

Noticias web

03/12/2019