CRTVG

Buscar

A Garda Civil incáutase de 400 plantas de marihuana nunha casa de Ribadumia

Publicado o 21/05/2019 16:18

A Garda Civil detivo en Cambados un matrimonio que tiña medio millar de plantas de marihuana nunha vivenda, en Ribadumia. Están acusados dun delito contra a saúde pública e de defraudación do fluído eléctrico, por valor de 50.000 euros.

No inmoble había 40 aparellos accionados para o cultivo das plantas. A Garda Civil incautouse dun total de catrocentas, en diversos estados de crecemento, e dous quilos de marihuana envasada.

As investigacións iniciáronse hai un mes no marco da operación Molar. Unhas pescudas que desencadearon na localización desta vivenda deshabitada, e na detención dos presuntos responsables do cultivo, que residían na casa contigua.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019