CRTVG

Buscar

A Garda Civil imparte charlas a escolares sobre violencia machista

Publicado o 15/01/2019 14:27

Teñen entre doce e trece anos e unha curiosidade infinita. Son os cidadáns do futuro. A  súa educación en igualdade é clave para acabar con problemas como a da violencia machista e ese é o principal obxectivo das charlas que imparte a Garda Civil en diferentes colexios galegos para dar a coñecer o seu traballo. Nas aulas escoitan falar dos sinais de alerta e das pegadas que deixa o maltrato, da importancia de presentar denuncia ou da existencia dun teléfono de axuda ás vitimas da violencia machista. Son conceptos que os nenos e nenas deben ter claros dende cativos porén a principal mensaxe desta charla é conciencialos de que son pezas activas contra a violencia machista.  Crear mellores cidadáns para o futuro. É o obxectivo destas xornadas organizadas pola Garda Civil en que tamén se tratan outros temas de importancia como o do acoso escolar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019