CRTVG

Buscar

A Garda Civil forma os escolares nos riscos de Internet e as redes sociais

Publicado o 05/02/2018 14:24

 

Abuso sexual e acoso escolar son os riscos máis graves aos que se expoñen os menores na Rede. A Garda Civil está facendo unha campaña polos colexios para promover un uso seguro das novas tecnoloxías. Ademais aconsellan aos pais e titores acompañar o menor sempre que empregue Internet.

Nesta clase de quinto de primaria do colexio Pedro Caselles Beltrán de Tomiño, a maioría dos alumnos ten un teléfono móbil. Case todos din que os seus pais os controlan, pero poucos coñecen os riscos aos que se expoñen.

Desde a Garda Civil recomendan que os pais estean pendentes do uso que fan os fillos da Rede. Controlar os xogos que empregan e os contidos das páxinas que visitan axuda a garantir a privacidade e a seguridade dos menores.

A actividade que desenvolve a Garda Civil de Pontevedra en distintos centros educativos da provincia coincide co Día Europeo da Internet Segura que se celebra este martes.

Noticias web

05/02/2018