CRTVG

Buscar

A Garda Civil festexou en Galicia a festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar

Publicado o 12/10/2017 20:56

En Galicia, a Garda Civil celebrou a festividade da súa patroa con actos institucionais nas distintas comandancias provinciais. En todos os discursos, houbo mensaxes de apoio aos axentes que estes días desenvolven o seu labor en Cataluña.

Nas comandancias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra houbo entrega de medalla ao mérito para membros do corpo e para civís que destacaron pola prestación dalgún servizo. Tamén desfiles e ofrendas en memoria dos axentes falecidos. 

A Garda Civíl celebrou o día da súa patroa con catro actos institucionais nas cabeceiras de provincia. En todos os discursos, enviaron mensaxes de apoio ás forzas de seguridade que estes días desenvolven o seu labor en Cataluña. Fóra das comandancias, algunhas persoas quixeron unirse á festa pendurando bandeiras en fiestras e balcóns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017