A Garda Civil esclarece un incendio que calcinou máis de 400 hectáreas en Cualedro
Publicado o 15/12/2020 13:28
En Ourense, a Garda Civil esclareceu un incendio forestal que calcinou mais de 400 hectáreas no concello de Cualedro. Os axentes atribúenlle a autoría intencionada do lume a un veciño portugués da raia, que pretendía rexenerar pastos.
Case catro anos e medio duraron as investigacións da Garda Civil, unhas pescudas que conduciron os axentes ata o home. Ten 58 anos e é veciño dunha localidade lusa limítrofe coa zona queimada no lugar de Porto de Rei.
O lume durou preto de tres días e houbo que mobilizar numerosos efectivos para extinguilo.