CRTVG

Buscar

A Garda Civil entrega motos de xoguete aos nenos hospitalizados

Publicado o 03/12/2019 15:17

Pequenas axentes en pixama patrullan xa polos corredores do Hospital Clínico de Santiago. Papá Noel e a fada máxica da Garda Civil están a entregar polos hospitais da provincia minimotos eléctricas coas que alegrar a estancia dos nenos ingresados.

"Este nadal estamos de 175 aniversario e decidimos celebralo de xeito distinto. Decidimos que os agasallos do nadal non sexan para nós senón que vaian para os nenos dos hospitais e contribúan a manterlles o sorriso"

Manteñen o sorriso e aprenden, de paso, as normas básicas de circulación neste circuíto da planta de Pediatría. Rotondas, sinais e bucinazos para que o hospital teña menos pinta de hospital.

"Que eles non sintan que están un medio hostil e que estean mais cómodos durante o seu ingreso, especialmente nestas datas nas que todos queremos estar coas nosas familias"
As doazóns dos axentes da Garda Civil da Coruña fan posible esta campaña, que tamén reparte tabletas e moito agradecemento para os profesionais que coidan da saúde dos máis pequenos.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019