CRTVG

Buscar

Elevan a catro millóns o gasto da Generalitat para o 1-O

Publicado o 01/11/2018 22:32

A Garda Civil eleva a máis de catro millóns de euros a cifra dos cartos públicos que a Generalitat de Cataluña gastou para lograr a independencia.

Aos máis de tres millóns euros que o Goberno catalán destinou ao referendo do 1 de outubro, os axentes engaden agora case un millón de euros máis. Segundo os informes da Garda Civil, eses cartos foron destinados a programas informáticos para obter datos do IRPF e das cotizacións á Seguridade Social para poder recadar impostos que non son competencia da Generalitat, senón que corresponden ao Estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2018