CRTVG

Buscar

A Garda Civil e o FBI deteñen 31 persoas que integraban unha rede pedófila

Publicado o 09/05/2019 13:33

Esta operación iniciouse no 2016. As vítimas participaban en videoconferencias a través dunha plataforma de Internet e gravaban vídeos de contido sexual. Eran captadas polos chamados cazadores. Estes dedicábanse a rastrexar menores nas redes sociais e animábanas a participar na plataforma intervida.

Cando os cazadores gañaban a confianza das vítimas, incitábanas a realizar prácticas con contido sexual a través da súa cámara web. Para iso tamén as enganaban con outros vídeos realizados tamén por menores para que os imitasen.

A maioría das detencións realizáronse nos Estados Unidos. En España hai tres detidos. Durante a operación identificaron 145 menores.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019