CRTVG

Buscar

A Garda Civil doa sangue para concienciar de cara á operación especial do verán

Publicado o 09/06/2021 13:16

Un dos dez autobuses da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fixo parada no Sector de Tráfico de Galicia, en Oleiros. Ademais de doar sangue, queren concienciarnos para conducir amodo. No que vai de ano faleceron nas estradas galegas 34 persoas; case un centenar en todo o 2020 e iso que a pandemia limitou moito a mobilidade. 

Héctor Teixeira, sector de Tráfico de Galicia: "A importancia de conducir con precaución para evitar ter un accidente e acabar nun hospital por causas evitables e sobre todo a importancia de doar sangue para que se poidan atender as necesidades urxentes que ten a sanidade".

É unha das dúas citas anuais, que fan coincidir coa operación especial do Nadal e coa de verán que está a punto de comezar. Pola experiencia de anos anteriores, rozarán o medio cento de doazóns porque tamén reciben traballadores das empresas próximas. A Axencia de Doazón calcula que se precisan cincocentas doazóns diarias para atender as necesidades da sanidade galega.

Noticias web

09/06/2021