CRTVG

Buscar

A Garda Civil do Carballiño localiza con vida a anciá desaparecida en Avión

Publicado o 04/02/2019 17:57

Localizada san e salva a anciá que desapareceu onte no concello ourensán de Avión. Felicita Estévez, de 85 anos, estaba nunha pista forestal da localidade de Albarellos, a uns dous quilómetros da súa vivenda. Membros da garda civil que participaban no operativo de busca atopárona a primeira hora desta tarde. Presenta bo estado de saúde. Díxolles aos axentes que saíra dar un paseo e que se desorientara.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2019