CRTVG

Buscar

Disolven en Foz unha festa cos participantes vestidos de flamencos

Publicado o 03/05/2021 14:34

Foi a chamada dunha veciña a que alertou a Garda Civil sobre a festa ilegal que se producía nun local de hostalería de Foz. Ademais de facer ruído, os participantes saltaron todas as normas de seguridade sanitaria e os horarios de peche e de toque de queda. Para colmo, estaban disfrazados de flamencos, tentaron fuxir dos axentes e estaban fumando no interior.

Os veciños de Foz temen que as festas ilegais deriven nun novo foco do virus na localidade e que poñan en risco a campaña turística do verán. Os axentes da Garda Civil identificaron tanto os participantes na festa como o dono do establecemento que, nun primeiro momento, quixo impedirlles a entrada.