CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén tres presuntos asaltantes que roubaran vivendas en Galicia

Publicado o 15/12/2019 21:50

Os presuntos asaltantes, de nacionalidade albanesa, foron detidos en dúas actuacións diferentes. En Lugo, a Garda Civil arrestou unha parella, e, en Zamora, detivo o outro home, que viaxaba nun vehículo co sospeitoso que conseguiu escapar.

Os roubos con forza que se lles atribúen cometéronse en vivendas de Baiona, Vigo, Cangas, O Porriño, Fornelos de Montes, Oleiros e Cambre.

Os axentes requisaron en Santiago máis de 6.000 euros, unha cantidade similar noutras divisas, documentación, xoias, materiais de comunicación e matrículas falsas. Ademais, confiscaron tres coches de gama alta vinculados a un home de palla que lles daría apoio loxístico.

Segundo as primeiras investigacións, os asaltantes actuaban con moita rapidez e asaltaban varias vivendas no mesmo día. Despois demoraban bastante tempo antes de vender a mercadoría roubada para non levantar sospeitas.

Poderían estar tamén involucrados en asaltos en Asturias, Castela e León e Zamora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/12/2019