CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un veciño de Bueu cando levaba consigo 15 landras de haxix

Publicado o 17/02/2019 20:04
A Garda Civil detén un veciño de Bueu cando levaba consigo 15 landras de haxix

A Garda Civil detivo esta fin de semana un veciño de Bueu, de 50 anos de idade, cando levaba consigo 15 landras de haxix e preto de 200 euros en efectivo, acusado dun presunto delito contra a saúde pública por dedicarse supostamente á distribución e venda de estupefacientes.   

Os feitos ocorreron a madrugada deste domingo, cando a patrulla de seguridade cidadá e o equipo de investigación da compañía da Garda Civil de Pontevedra detectaron no centro urbano de Bueu un veciño da localidade sospeitoso de dedicarse á venda de estupefacientes nos bares e cafetarías frecuentadas por mozos consumidores.   

Despois dun discreto seguimento polos establecementos, interceptárono cando se desprazaba no seu vehículo. No rexistro persoal ao que foi sometido requisáronlle 15 landras de haxix no peto interior da cazadora, que sumaban un peso de 158 gramos, ademais de 198 euros en efectivo.   

O detido, "que conta cun amplo historial de antecedentes por este tipo de delitos", foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Marín, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019