CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un mozo de 23 anos acusado de intento de homicidio en Sarria

Publicado o 09/09/2020 15:01

A Garda Civil prendeu o presunto autor do acoitelamento acontecido en Sarria e do que onte lles dabamos conta neste informativo.
Trátase dun mozo de 23 anos ao que acusan dos delitos de tentativa de homicidio, lesións con arma branca e ameazas.
Os feitos tiveron lugar este luns no centro da vila. A vítima recibiu unha coitelada na zona torácica e tivo que ser atendido no HULA.
O detido xa foi posto a disposición xudicial.


 

Noticias web

09/09/2020