CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un home de 73 anos e incáutase de 71 armas ilegais nun taller clandestino en Toledo

Publicado o 27/01/2019 11:36

A Garda Civil detivo un home de 73 anos na localidade de Borox, en Toledo, como presunto autor de tres delitos: depósito ilegal de armas, depósito de munición e tráfico de armas. Ademais das 71 armas requisadas no taller clandestino propiedade do detido, no rexistro descubriron 47 canóns para arma curta, 33 silenciadores e case 12.000 cartuchos. O detido conseguía de forma ilícita as armas transformando outras inutilizadas e mesmo fabricándoas por completo dun modo artesanal para efectuar fogo real. Trátase da maior intervención de armas ilegais levada acabo en Castela-A Mancha.

Noticias web

27/01/2019