CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén outras dúas persoas por secuestro na operación Tritón

Publicado o 14/11/2017 21:13

A Garda Civil prendeu outras dúas persoas no marco da operación Tritón, que investiga o secuestro dunha traballadora dun bordel no concello lugués do Corgo. Súmanse a outras dúas persoas que foran detidas en Betanzos. En todo caso, ningún deles está considerado o principal implicado, contra o que se ditou unha orde internacional de busca e captura. Está previsto que os novos detidos pasen mañá a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017