CRTVG

Buscar

Deteñen nove persoas por provocar lumes en seis provincias, entre elas en Lugo

Publicado o 17/08/2019 17:16

A Garda Civil detivo nove persoas por provocar once lumes en seis provincias, entre elas en Lugo. O home detido na provincia de Lugo está considerado como o autor intencionado de cando menos seis incendios forestais. Supostamente provocou o incendio co obxectivo de manter constituído na zona un retén de extinción ao que el mesmo pertencera en campañas anteriores.

Segundo os estudos sobre lumes forestais dos últimos quince anos, a maioría están vinculados ao factor humano, xa sexa por un incendiario ou por unha neglixencia no uso do lume.

Dos sinistros coñecidos pola Garda Civil na primeira metade de ano, o factor humano causou máis do 98 por cento do total de sinistros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019