CRTVG

Buscar

Deteñen un terceiro integrante da banda dos Seat León de Carballo

Publicado o 27/08/2021 22:18
Deteñen un terceiro integrante da banda dos Seat León de Carballo

A Garda Civil detivo en Tordoia a un novo integrante da perigosa banda do Seat Leon de Carballo.

Este grupo, que ten en xaque os axentes desde hai varios meses, dedicase a roubar estes vehículos para logo utilizalos en asaltos. Agora capturaron a un terceiro membro despois da detención en Xullo doutros dous delincuentes en Caión. 

Cun amplo historial delitivo foi enviado a prisión. A Garda Civil calcula que aínda quedan 4 ou 5 integrantes da banda en liberdade.

Noticias web

27/08/2021