A Garda Civil detén en Nigrán catro integrantes dunha banda de ladróns albaneses
A Garda Civil detivo en Nigrán a catro cidadáns de nacionalidade albanesa acusados de cometer varios roubos en domicilios particulares da provincia de Pontevedra formando parte dun grupo itinerante de ladróns, que estes días se aloxaban nun hotel do Val Miñor. As investigacións, que se instruiron baixo o nome de "Operación Kulla", levounas a cabo o posto da Garda Civil de Baiona-Nigrán e remataron a noite do venres coa detención dos catro individuos e se incautaron xoias, teléfonos móbiles e uns 5.000 euros en billetes fraccionados.
Dous dos detidos teñen prohibida a súa entrada en países do territorio Schengen. Con idades comprendidas entre 23 e 25 anos, mentres pasaban uns días en establecementos hoteleiros discretos cometían as súas falcatruadas noutras vilas veciñas, como foi neste caso. Atribúlleselles roubos en vivendas de Pazos de Borbén e Porriño, violentando as portas con cizallas, Nas próximas horas pasarán a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo, acusados de dous delitos de roubo con forza e pertenenza a grupo criminal organizado.
Declararon ante o xuíz
Así saían do Cuartel da Garda Civil de Baiona tres dos catro albaneses detidos pola Garda Civil ao inicio desta fin de semana na denominada operación Kulla.Forman parte dun grupo itinerante que perpetrou dous roubos na provincia en Pazos de Borbén e no Porriño.Están acusados de dous delitos de roubo con forza e pertenza a un grupo criminal organizado.
As detencións tiveron lugar no aparcadoiro deste hotel no barrio da Carrasca en Nigrán. Cinco vehículos da benemérita cercaron aos detidos nun operativo rápido que non alarmou aos veciños. Deuse a circunstanciadeque o restaurante estaba pechado e que no hotel só estaban eles.
No vehículo en que chegaron, un Peugeot407 cor azul os axentes atoparon: vestiario para ocultarse e ferramentas para abrir as vivendas como unha pata de cabra ou unha cizalla, laternas un desaparafusador e varios pares de luvas. Tamén se atoparon xoias, teléfonos móbiles e máis de 4.500 euros. O rexistro ampliouse aos cuartos do hotel a mañá do sábado.