CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén en Huesca un home por reter e lesionar a unha muller

Publicado o 21/08/2019 12:09

A Garda Civil liberou unha muller retida contra a súa vontade nunha vivenda en Huesca. A vítima puido contactar coa súa familia en Romanía que inmediatamente deu a alerta á Policía daquel país. Grazas á colaboración cos axentes españois conseguiron liberar a muller e deter o seu presunto raptor.

En menos de seis horas a Garda Civil conseguiu saber onde estaba a muller. Cunha orde xudicial, os axentes entraron na vivenda. A vítima tiña feridas de arma branca nos antebrazos. Estaba nun cuarto, pechada con chave e o seu captor tiña escondida a documentación dela para que non puidese fuxir. No lugar tamén se atopaba o presunto autor dos feitos, de 36 anos e veciño da vila. Detivérono acusado de detención ilegal, lesións, malos tratos e tráfico de drogas.

Durante o rexistro da vivenda tamén se incautaron de 18 gramos de cocaína, 2 de marihuana, 80 euros e anotacións contables de posibles transaccións económicas. A Policía Xudicial da Garda Civil de Huesca entregou todo no Xulgado de Garda de Monzón, onde tamén declarou o detido que quedou en liberdade mentres o investigan.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019