CRTVG

Buscar

A Garda Civil detecta unha vertedura nun polígono de Melide

Publicado o 22/03/2019 18:17

A Garda Civil de Melide, xunto cun equipo do Seprona, procedeu ao control dunha vertedura de augas residuais no polígono da Madanela, en Melide.

Os feitos producíronse tras a detección dunha corrente de cor vermella e branca con restos de plumas de aves, na que tamén se apreciaba un forte cheiro a sangue e produtos lácteos. A inspección en distintos lugares de saneamento, onde se identificadon dúas empresas, supostas autoras de verteduras propias das súas actividades industriais. 

Os axentes confirmaron que ambas as empresas están canalizando eses residuos na rede e que o facían sen realizar un tratamento previo que evitase a contaminación dos máis de dous quilómetros de percorrido do regato Rego de Piñor, afluente do río Furelos. 

No lugar realizouse unha toma de mostras por parte de persoal da Xunta, en presenza dun representante do Concello de Melide, que é quen xestiona a rede de saneamento do polígono. Os feitos puxéronse ademais en coñecemento do organismo Augas de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019