Desmantelan unha rede que alugaba falsas casas vacacionais nas Canarias
Publicado o 05/09/2021 13:14
A Garda Civil desmantelou unha rede que alugaba falsas vivendas vacacionais na illa canaria de Fuerteventura. Polo momento foron detidas dúas persoas.
A operación comezou a finais de xullo, cando a Garda Civil recibiu denuncias de persoas que reservaban por Internet casas para pasar as vacacións e cando chegaban a Fuerteventura atopaban as vivendas xa ocupadas, ou eran desviadas a lugares moito peores.
As dúas persoas detidas, e outras seis que están sendo investigadas, puideron estafar unhas sesenta persoas e arredor de setenta mil euros.