CRTVG

Buscar

A Garda Civil desmantela un punto de venda de droga en Arteixo

Publicado o 27/06/2019 19:12

A Garda Civil de Arteixo desmantela un punto de venda de droga e detén tres individuos nesa localidade.

O punto de venda está en Rañobre e os veciños levaban tempo queixádonse do continuo ir e vir de persoas. Os tres detidos son vellos coñecidos das forzas de seguridade do Estado e xa foran detidos en 2016 por delitos semellantes.

Incautáronse de 608 doses de heroína, 5 bolsas de cocaína e máis de seis mil euros en metálico, entre outros obxectos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019