CRTVG

Buscar

A Garda Civil desmantela a loxística dos narcos do estreito de Xibraltar

Publicado o 22/05/2019 19:03

A Garda Civil desmantela a loxística de transporte de haxix en Andalucía. Hai 20 detidos e requisáronse centos de miles de euros. Máis de 300 axentes da Garda Civil participaron nunha operación desenvolvida en Sevilla, Málaga, Granada, Huelva e Cádiz.

O golpe máis duro recibírono os narcos que operan no estreito de Xibraltar e a súa zona de influencia. Incautáronse, sobre todo, de lanchas e motores de gran potencia. Os detidos estaban considerados os 'tuneadores' da loxística dos narcos.

Noticias web

22/05/2019