CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o responsable dun punto de venda de droga en Poio

Publicado o 14/09/2019 21:22

Axentes da Garda Civil conseguiron desartellar un importante punto de venda e distribución de substancias estupefacientes en Poio.

As investigacións comezaron o pasado mes de maio no marco da denominada operación Triunfo. O 24 de agosto detívose un mozo na estrada PO-308, en Poio, cando levaba consigo algo máis de 20 gramos de cocaína. As observacións que se levaron a cabo sobre o domicilio do que saíra o mozo acabou coa entrada e rexistro do inmoble ordenada polo Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra.  

Na operación, levada a cabo pola Garda Civil de Pontevedra, incautáronse de máis de dous quilos de estupefacientes, 1.200 gramos de haxix, 600 gramos de marihuana, 137 gramos de cocaína, e detivéronse tres persoas por un delito de tráfico de drogas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019