Desartellan na Coruña un grupo especializado en estafas mediante o método do 'SIM swapping'
En febreiro do ano pasado, a denuncia de varias persoas alegando movementos nas súas contas bancarias na provincia da Coruña puxo en alerta o Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil. Tras máis dun ano de investigación, este equipo conseguiu desartellar un grupo criminal especializado en estafas mediante o método do dúplicado da tarxeta SIM do teléfono móbil das vítimas.
Os estafadores lanzaban campañas a través das cales obtiñan os datos persoais das vítimas e facendo unha copia dos seus DNI, acudían a empresas de telefonía para facerse co duplicado da tarxeta. Unha vez que falsifican os datos accedían á conta bancaria para solicitar préstamos.
A operación Duplicado saldouse coa detención de 14 persoas, só na zona da Coruña e Carballo, aínda que a investigación continúa e non se descartan máis detención noutros puntos do país, xa que este grupo estaba vinculado a unha organización criminal localizada no Brasil.