A Garda Civil desartella unha rede de comercio ilegal de animais disecados
Publicado o 03/03/2019 12:27
Desartellada unha rede de comercio ilegal de animais disecados. Especies de especial protección. Unha operación da Garda Civil levada a cabo en diferentes puntos da xeografía española. Hai un investigado en Madrid, que actuaba como intermediario e realizaba doazóns dos especímens.
En Navarra e Lleida os axentes incautáronse de numerosos exempleras disecados. Trátase da segunda fase da operación Loxodonta, iniciada polo Seprona hai un ano. Xa daquela, incautaran 90 especimens, que rondarían no mercado os 200 mil euros, e máis dun cento de armas.