CRTVG

Buscar

A Garda Civil desartella unha banda que asaltaba naves industriais en Lugo

Publicado o 06/02/2018 21:10

A Garda Civil de Lugo desartella unha banda que se dedicaba a roubar en naves industriais. Hai seis persoas detidas e once máis investigadas. Impútaselles polo menos unha ducia de roubos en Lugo e A Coruña. O valor do subtraído achégase ao medio millón de euros.

Roubaban todo tipo de maquinaria e ferramenta que logo vendían no mercado negro. Nestas imaxes facilitadas pola Garda Civil vese a violencia coa que actuaban, rebentan a porta para acceder ao interior deste bar e en poucos minutos cargan dúas máquinas e foxen nunha furgoneta. Nesta ocasión vese un grupo de cinco persoas e actúan coa cara tapada.

Trátase, segundo a Garda Civil, dunha das organizacións delituosas máis activas do noroeste de España. Seis dos seus membros foron detidos no marco da operación Yankie desenvolta pola Garda Civil de Lugo. Hai outras once persoas máis investigadas. Os detidos son todos veciños de Lugo e están acusados dun delito de roubo con forza, tenza ilícita de armas, ameazas e receptación.

A banda estaba especializada neste tipo de roubos, no que mesmo se facían con vehículos de carga das empresas onde entraban para transportar a mercadoría. Dias despois desfacíanse dos vehículos.

Gran parte do material roubado foi recuperado durante os rexistros domiciliarios e nas inspeccións en talleres de ferralla.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2018