A Garda Civil desartella un violento grupo criminal que se facía pasar por policías
Publicado o 11/07/2021 20:09

A Garda Civil desartellou un grupo criminal que se facía pasar por policías para cometer roubos.Hai detidas nove persoas e investíganse outras seis por delitos contra o patrimonio que perpetraban con gran violencia en municipios de Toledo e de Madrid.
Nos roubos investigados, os delincuentes accedían aos domicilios facéndose pasar por axentes, agredían con saña os moradores e utilizaban armas de fogo para intimidar as súas vítimas.
Os detidos poderían estar relacionados, ademais, cun homicidio en grao de tentativa acontecido no mes de xuño nunha localidade de Toledo.