CRTVG

Buscar

Desartellada en Andalucía unha organización especializada en falsificación de moeda

Publicado o 09/02/2019 18:35

A operación desenvolveuse nas provincias de Málaga, Granada e Almería, onde se fixeron 13 rexistros domiciliarios e foron detidas 26 persoas. Doce delas xa están en prisión e impútanselles os delitos de tráfico de drogas, tenza ilícita de armas, roubo con forza, corrupción e prostitución de menores.

Os membros da organización compraban con billetes falsos de 100 ou 50 euros produtos de baixo custo, pero tiñan outras ramificacións con mafiosos da camorra e traficantes de droga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019