CRTVG

Buscar

A Garda Civil desartella dous puntos de venda de droga en Fisterra

Publicado o 23/03/2021 14:14
A Garda Civil desartella dous puntos de venda de droga en Fisterra

A Garda Civil desartella un punto de venda de droga en Fisterra próximo a dous colexios. Hai un detido. As investigacións comezaron polas queixas dos veciños. Os axentes empregaron un can para o rexistro dun domicilio.

Alí atoparon diversas cantidades de haxix e cocaína, preto de 4.500 euros en efectivo, once teléfono móbiles e tres ordenadores. A operación segue aberta por se houbese máis persoas relacionadas co caso. O detido xa pasou a disposicion xudicial no Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión.

Noticias web

23/03/2021