A Garda Civil desaloxa por orde xudicial unha casa ocupada en Oleiros
Publicado o 21/08/2020 13:56
A Garda Civil desaloxou esta mañá en Oleiros os inquilinos ilegais dunha vivenda. Fixérono a instancias dunha orde emitida pola xuíza de instrución número 3 da Coruña. No auto acórdase que no inmoble se restableza a situación previa á ocupación.
O desaloxo realizouse sen incidentes, despois de que os inquilinos denunciados recoñeceran en sede xudicial a situación e a vontade de propietario de que marcharan.