CRTVG

Buscar

A Garda Civil de Tráfico controla os vehículos de transporte de mercadorías e persoas esta semana

Publicado o 19/02/2019 13:53

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha a campaña de control de vehículos de transporte de mercadorías e persoas. Promovida pola Organización Internacional de Policías de Tráfico, a nivel europeo, ten como finalidade principal reducir a sinistralidade e concienciar os usuarios.

As cifras amosan a importancia do control destes vehículos. Segundo os datos da DXT, no 2017 as furgonetas estiveron implicadas en 11.150 accidentes e causaron 243 mortes, mentres que os camións e autobuses sumaron 6.351 accidentes que deixaron 364 vítimas.

A vixilancia estase a levar a cabo en todo tipo de estradas, principalmente nas rutas de acceso a Galicia de transportes, e os condutores parecen estar concienciados e apoian estas medidas.

A campaña prolongarase ata o domingo.

Noticias web

19/02/2019