CRTVG

Buscar

A Garda Civil de Pontevedra efectuou 2.000 servizos humanitarios durante 2017

Publicado o 10/08/2018 14:17

A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra efectuou dous mil servizos humanitarios durante 2017. Previsiblemente, a cifra aumentará este ano, xa que ese é o mesmo número de asistencias sanitarias, a peregrinos ou a colectivos sociais, realizadas ata este mes de agosto. Hoxe acompañamos unha patrulla na recollida de tapóns para fins solidarios.

Este colectivo de Ponte Caldelas quería trasladar un enorme cargamento de tapóns pero carecía dun transporte axeitado. En canto tivo coñecemento da situación, a Garda Civil ofreceuse a facer o traslado, xa que colaboran con esta asociación en moitos eidos durante todo o ano. É, quizais, unha das facetas menos coñecidas do traballo da Benemérita.

Grazas ao transporte facilitado pola Garda Civil, a Fundación Amigos de Galicia poderá recibir unha compensación económica polos tapóns e que contribuirá a financiar parte dos tratamentos de rehabilitación de nenos enfermos.

A Comandancia de Pontevedra realizou 2.000 actuacións no que levamos de ano. Esa cifra supuxo o total dos servizos humanitarios que estes axentes desenvolveron o ano pasado. Estas colaboracións van a máis.

O teléfono 062 é a vía de acceso máis doada para contactar coa Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018