A Garda Civil da Laracha aumenta a vixilancia ante un posible caso de acoso a menores
Publicado o 23/10/2019 13:49
Alerta no concello da Laracha polo que podería ser un caso de acoso a menores. A Garda Civil desta localidade aumentou a vixilancia despois de recibir o aviso de que catro homes seguiran e acosaran, presuntamente, varias rapazas menores de idade desde o seu vehículo.
Trataríase dun coche verde, que, supostamente, tamén foi visto en circunstancias similares noutras localidades como Carballo e tamén na comarca do Barbanza.
Con todo, a Garda Civil asegura que non lle consta ningunha denuncia, polo que de momento non foi aberta ningunha investigación.