CRTVG

Buscar

A Garda Civil da Coruña detén en flagrante dous atracadores de numerosos bancos na operación Boludo

Publicado o 19/01/2019 13:47

Os dous detidos, de mediana idade, son veciños de Culleredo e Arteixo, e un deles cumpría o terceiro grao no CIS da Coruña. Teñen múltiples antecedentes e foron detidos o xoves na localidade de Ponte do Porco logo dunha persecución cando trataban de desfacerse do material que podía incriminalos nos feitos.

A investigación da operación Boludo iniciouse ao terse coñecemento do primeiro dos delitos que se lles imputan, en xullo de 2017 nunha oficina bancaria de Oza dos Ríos, nos que utilizaron unhas máscaras de látex. Uns meses máis tarde, en xaneiro de 2018 utilizaron un método semellante, pero distinto disfrace, noutra sucursal en Begonte.

En agosto repetiron o mesmo modus operandi en Ponte Ledesma, en decembro foi en Vilardevós e hai uns días en Lobeira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2019