CRTVG

Buscar

A Garda Civil controla os accesos Á Coruña, blindada para frear o incremento de contaxios

Publicado o 31/10/2020 14:30

A Coruña blíndase. Está prohibido entrar ou saír sen unha causa xustificada. Repítense os controis que vimos onte en puntos estratéxicos como a avenida de Alfonso Molina. Hai pouco tráfico, pero a circulación é lenta porque só hai un carril habilitado en dirección saída.
Os dispositivos mantéñense durante aproximadamente unha hora e despois cambian de lugar. A Garda Civil detecta casuísticas moi variadas. Algunhas especialmente complicadas, coma a dunha familia francesa, cunha longa viaxe por diante.

No centro da cidade o Samaín asoma sen moito entusiasmo. O impacto das novas restricións nótase desde o primeiro momento nas cafeterías. Xa non hai non conviventes sentados á mesma mesa. As cancelacións son o pesadelo dos restaurantes. As neveiras están cheas, pero o produto non ten saída. Sucede o mesmo nas florerías. Láianse polas perdas económicas e polas horas de traballo baldío.

Noticias web

31/10/2020