A Garda Civil comisa en Camariñas preto de 70 quilos de polbo
Publicado o 22/09/2021 12:59

A Garda Civil comisou en Camariñas preto de 70 quilos de polbo cun valor de mercado duns 1.800 euros, que non pasara pola lonxa tras ser capturado. Nun operativo de loita contra o furtivismo, os axentes interceptaron unha furgoneta cargada con dous cestos de cefalópodo que non podía poñerse á venda ao non estar debidamente documentado nin pesado.
Varios exemplares tiñan, ademais, un tamaño inferior ao regulamentario, polo que foron devoltos ao mar. O resto, preto de 30 quilos, entregouse nunha entidade benéfica da Coruña para o seu consumo.