CRTVG

Buscar

A Garda Civil comisa un cargamento de case 2.000 máscaras ilegais en Vilaboa

Publicado o 04/02/2021 14:56

A Garda Civil incautouse de preto de 2.000 máscaras ilegais, de distintos tipos, nun control de estrada en Vilaboa. O condutor pretendía vendelas e distribuílas en diferentes farmacias da provincia de Pontevedra.

As máscaras carecían da homologación esixida polas autoridades sanitarias e o individuo, que carecía da alta como vendedor sanitario, foi denunciado por unha infracción de contrabando. 

Noticias web

04/02/2021