A Garda Civil comisa case 400 litros de augardente e viño de elaboración ilegal
Publicado o 11/02/2020 14:32
A Garda Civil incautouse de case 400 litros de augardente e viño de fabricación artesanal en Mos. Comercializábase nun establecemento do municipio sen ningún tipo de etiquetas nin marcas fiscais. A actuación levouse a cabo como consecuencia dunha inspección rutineira no bar, coa finalidade de comprobar o cumprimento da normativa fiscal e sanitaria da mercadoría posta á venda.
Os axentes localizaron un centenar de envases de distintas augardentes, licor café e 61 litros de viño de elaboración artesanal.