CRTVG

Buscar

Localizan a menor de 16 anos desaparecida en Ourense

Publicado o 05/11/2019 21:31

Yaiza Hermida Dacosta, a moza de 16 anos que permanecía desaparecida desde o pasado luns en Ourense, foi localizada este martes, segundo informa SOS Desaparecidos. Perdéranlle a pista despois de deixala no instituto ao que vai á clase en Ourense e dende entón non se soubo nada máis dela. A menor apareceu arredor das 22:00 horas en bo estado na avenida Zamora.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019