CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un home que matou a súa muller na localidade murciana de Águilas

Publicado o 30/08/2020 10:30

A Garda Civil detivo o presunto homicida dun novo crime machista, ocorrido na tarde do sábado en Águilas, Murcia. O home, de 45 anos de idade e de nacionalidade marroquí, matou a súa muller, de 41 anos, acoitelándoa varias veces.

Despois de cometer o homicidio, o presunto autor dos feitos fuxiu nun turismo do lugar, a súa residencia familiar, onde se produciu o apuñalamento. O corpo da muller foi atopado por dous fillos da parella, duns 14 e 10 anos de idade, cando regresaron á súa casa.

Trátase do segundo crime de violencia machista producido en Murcia no que vai de ano.